A opsición esixe de xeito unánime a dimisión de González

     VILAGARCÍA> Nunha rolda de prensa conxunta celebrada no auditorio, PSOE, BNG e EU esixirion a dimisión do edil de cultura.

    {flowplayer}images/salnes/RpOposicionPleno_290513.flv{/flowplayer} 

    Dende o BNG acusaron a Francisco González de mentirlle ós colectivos culturais e de tratalos con prepotencia. María Villaronga indicou  que o goberno de Tomás Fole insulta a intelixencia dos cidadáns ó non ter en conta as reivindicacións destes e actúa de xeito dictatorial.

    Non menos duras foros verbas do edil de Esquerda Unida. Ramón Bueno criticou a actitude antidemocrática do goberno de Fole por non sentarse a dialogar nin coa oposición nin cos colectivos culturais para debater sobre o regulamento de uso das instalacións municipais. Apuntou tamén directamente ó edil Francisco González.

    Tania García, voceira do PSOE amosouse preocupada pola deriva que está tomando o concello, cun goberno que non informa a oposición nin ós vilagarciáns, nin consensúa os documentos que saca adiante. 

    As tres forzas políticas criticaron tamén a data posta para a reanudación do pleno. Aseguran que se colocou o venres ás nove da mañá para evitar que acudan os veciños á sesión.

    Redacción Salnés