En Cambados xa só se pensa en ascender

tenisdemesa250_120308.jpgCAMBADOS > Os equipos do Cambados a piques estiveron de acada-lo pleno de victorias, tan só o Caixa Galicia caeu derrotado. Pola súa banda o Establecimientos Otero e o Grupo Barros comezan a pensar xa no playoff de ascenso.

{flowplayer}images/salnes/tenisdemesa_120308.flv{/flowplayer} 

Pouco se fala xa no entorno do Establecimientos Otero dos partidos de Liga que quedan por xogar. A última víctima foi Telecyl Collosa, que sucumbíu contra os cambadeses por 4-0, pero queda nun segundo plano. Todos pensan na última semana de abril na que se xogará a fase de ascenso a División de Honor para a que xa están clasficados, unha fase na que xogan 12 equipos dos que só ascenden catro. Haberá que pelexalo.

Tamén pénsase no ascenso co Grupo Barros, que gañou esta semana ó Ordes por 2-4. O equipo camiña agora terceiro na áboa, empatado a puntos co segundo pero coa esperzanza de que poidan entrar na fase de promoción coma un dos mellores terceiros de tódalos grupos de segunda. Un equipo que capitanea o veterán Ñajo e que conta con verdadeiras promesas deste deporte.

En Primeira Galega foi onde atopamo-la cruz da xornada xa que o Caixa Galicia caeu derrotado por 4-3 ante o Ferretería Vincios; anteriormente vencera por idéntico resultado ó Vincios Maderas Tapia. A nota positiva da xornada deuna o Joyería Enrique que sumou dúas victorias, acadadas con holgura ante os mesmos rivais.

En Segunda Autonómica o Caixanova non tivo piedade do Lalín e endosoulle un incontestable 4-0, vingándose da derrota que lle inflixiran os do Deza na primeira volta. Con este triunfo abren a posibilidade do ascenso a final de temporada.

En Terceira Galega o Insucarpi venceu ó Monte Porreiro Mixto por 4-0 e o Astegal ó Cinania Cangas por 4-2.

Destacar tamén que esta fin de semana o equipo infantil do Cambados Tenis de Mesa desplazarase a Punta Umbría, en Huelva, para disputar o Campionato de España; parte coma noveno cabeza e o obxectivo é quedar entre os oito primeiros.

Redacción Salnés