Os orzamentos máis altos da historia do concello da Illa

    vazquez100_110308.jpgA ILLA > un novo pleno da corporación onde se tratarán puntos tan importantes como a aprobación do orzamento para o ano 2008

    O orzamento ascende a máis de 6 millóns de euros, o máis alto da Historia da vila, que contempla unha partida especial en relación ó patrimonio do solo municipal.

    Segundo o alcalde da Illa os orzamentos que se levarán ó vindeiro pleno da corporación son uns orzamentos de xestión cuxa achega ascende a máis de 6 millón de euros dos cales 4 irán destinados a unha partida do patrimonio do solo municipal, unha materia pendente para o concello

    Para o executivo local o máis importante é conseguir aprobar estes orzamentos para levar a cabo os proxectos pendentes como a construcción da porta da illa, coa que se conseguiría regu-la lo tráfico ademais de ser un punto de referencia da vila Entre outros puntos da orde do día atópase a ordenanza reguladora das normas de redacción dos proxectos de urbanización co obxectivo de unificar as infraestructuras urbanas municipais.

    Redacción Salnés