Última oportunidade: gañar e soñar, ou perder e descender

extrugasa250_080409.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa xógase esta noite a súa permanencia na Liga Feminina. Será ante o subcampión de Europa, o Perfumerías Avenida. Se cae derrotado, descenderá de categoría.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_080409.flv{/flowplayer} 

Derradeira oportunidade para o Extrugasa. Se hoxe perden, descenden. Así de dura é a realidade para un equipo que sufríu como ningún outro este ano por diferentes razóns.

A victoria do Gran Canaria en Rivas o pasado sábado complicou as cousas de xeito irreversible. Agora só valen dúas victorias, unha hoxe ante o subcampión de Europa e outra o sábado ante o campión de Liga, Ros Casares.

Pero hai que refuxiarse na esperanza; hai motivos para elo. Primeiro, porque o equipo xa non ten nada que perder, polo que as xogadoras poderían incluso estar hoxe máis soltas sobre o parqué de Fontecarmoa. E segundo, porque o Perfumerías Avenida acude á cita sen nada que xogarse. Serán segundas na fase regular pase o que pase nos seus últimos dous partidos. Iso, unido ó cansancio acumulado polo esforzo feito esta fin de semana na Final Four da Euroliga, pode derivar en relaxación.

Tódalas xogadores estarán dispoñibles para Tito Díaz, dispostas a frear a calidade do conxunto salmantino: Isa Sánchez e Gunta Basko por fora, e Williwham e Snow por dentro, son imparables cando teñen o día de cara. Agardemos que hoxe non o teñan e o Extrugasa poida prolongar o soño da salvación canda menos tres días máis.

Redacción Salnés