Os GRUMIR apelan ó diálogo coa Xunta para evitar a súa desaparición

    grumir_100_260308.jpgBOIRO > Dende que a Consellería de Presidencia fixo pública a redistribución prevista para os GRUMIR as reaccións deste servizo non se fixeron agardar.

    {flowplayer}barbanza/grumir.flv{/flowplayer}

    O descontento e a incerteza instaláronse nas sedes dos servizos de Protección Civil despois de que a Consellería de Presidencia fixera pública a redistribución prevista neste corpo o pasado 17 de marzo. A intención é suprimir o servizo naqueles concellos que contan con parque de bombeiros, como Ribeira e Boiro, e reubicar o persoal en novas unidades de seis efectivos nos concellos de Rianxo e Muros.

    Servizo eficaz

    Os afectados non vén lóxico nin necesario este replantexamento posto que, coa actual distribución, están a prestar un servizo eficaz, avalado polo número e dimensión das intervencións que rexistran cada ano.

    Antes de iniciar as mobilizacións e outras medidas de presión, os membros dos Grumir optarán pola vía do diálogo solicitando a creación dunha comisión paritaria, integrada tamén polos afectados para estudar cada caso, un por un.

    Ribeira e Boiro non son os únicos afectados posto que o Grumir de Noia, aínda que non será suprimido, verase reducido de 15 a nove integrantes, coas dificultades que conleva a organización de gardas e o reparto de tarefas cando coinciden varias intervencións.

    Futuro incerto

    A tan só uns días da finalización dos contratos os membros deste corpo descoñecen aínda o seu futuro. O que si teñen claro é que, tanto dende a Fegamp como da propia Xunta de Galicia, non se está a ter en conta o esforzo realizado por este servizo nos últimos anos en actuacións moi complicadas como o recente incendio da factoría Congalsa, a catástrofe do Prestige ou a vaga de incendios de agosto de 2006.

    Redacción Barbanza