Peña leva tres anos esperando reunirse co Conselleiro de Medio Ambiente

    rioumia100_270308.jpgRIBADUMIA > A alcaldesa Salomé Peña volveu a solicitar unha reunión co conselleiro de Medio Ambiente. Manuel Vázquez leva tres anos sen …

    … recibila en Santiago e esta non é a primeira vez que a rexedora pide unha reunión con el. A última, de feito, foi o pasado mes de outubro.

    Peña espera que o conselleiro a cite nos próximos días para falar sobre o Umia. Medio Ambiente ten previsto construír unha nova depuradora nas marxes do río e, no caso de que se instale en Ribadumia, a alcaldesa quere que o conselleiro se comprometa a construíla nas mellores condicións e cos menores prexuízos posibles para os veciños. Salomé Peña espera que esta depuradora teña capacidade suficiente para garantir o saneamento do río durante os próximos anos tendo en conta o importante incremento de poboación que rexistra o Salnés.

    A alcaldesa tamén quere falarlle da ampliación das redes de saneamento e abastecemento polas diferentes parroquias do municipio, así como a recuperación das marxes do Umia. Neste sentido, solicitará o compromiso do conselleiro para mediar ante o Ministerio de Medio Ambiente para que retome o Proxecto de Senda Fluvial en Ribadumia.

    Redacción Salnés