Os afectados polas reformas na AC-305 solicitan a paralización das expropiacións

    afectadosac305_100_200308.jpgPOBRA > Os veciños afectados polas reformas na estrada comarcal AC-305 reuníronse co alcalde para  acordar as medidas a adoptar polo executivo.

    {flowplayer}barbanza/afectadosac305.flv{/flowplayer}

    Segundo informou Isaac Maceiras teñen previsto solicitar ao goberno autonómico a paralización das expropiacións programadas para o mes de maio mentras non se coñeza o proxecto definitivo desta actuación.

    O rexedor pobrés cre que dende Política Territorial atenderán as súas demandas, tal e como se comprometera o delegado deste departamento, Alberto González cando visitou o concello a principios do mes de marzo co fin de manter unha xuntanza cos afectados polo proxecto. González, logo de escoitar as queixas dos veciños, accedeu a revisar o documento ante a necesidade de melloralo para evitar máis prexuicios dos desexados aos veciños.

    Visionado do proxecto

    Na xuntanza de onte, os veciños puideron visionar por medio dunha proxección a actuación que pretende levar a cabo a Consellería de Política Territorial e posteriormente suxerir cales serían as modificacións que se deberían realizar, das que o rexedor pobrés tomou boa nota.

    As obras de mellora da seguridade vial na estrada comarcal AC 305 afectan a varios puntos da rede viaria. Así estanse a realizar actuacións en tramos do concello de Dodro e Boiro. En breve darán comezo unha serie de traballos na estrada ao seu paso polo núcleo boirés de Escarabote co obxectivo de reducir o número de accidentes que se veñen rexistrando nesta travesía.

    Redacción Barbanza