O Club Náutico Boiro suma un novo distintivo de calidade

BOIRO> O Club Náutico de Boiro- Marina Cabo de Cruz segue a engrosar a súa longa lista de distintivos de calidade. Este mediodía, o director xerente de Galicia Calidade visitaba as súas instalacións para entregar a placa que distingue ó porto deportivo con esta certificación.

O selo de Galicia Calidade xa loce nas instalacións do Club Náutico de Boiro. O director xerente de Galicia Calidade e o presidente do club colocaban este mediodía a placa que certifica a excelencia tanto das instalacións como dos servizos que presta.

O náutico boirense convértese así nun dos primeiros portos deportivos en contar con este distintivo dende que Galicia Calidade ampliara a certificación a novos servizos.

Este novo recoñecemento supón, sen dúbida, un incentivo máis para a directiva deste club que en tan só sete anos de vida conta xa cos máximos distintivos de calidade a nivel autonómico e estatal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí