O Plan de Emprego de Boiro consegue a inserción de 16 participantes

    planempregoboiro_100_14042008.jpgBOIRO > Un total de dezaséis persoas, dos trinta participantes no programa de emprego de Boiro, conseguiron acceder a un posto de traballo.

    {flowplayer}barbanza/planempregoboiro.flv{/flowplayer}

    O programa experimental ‘Boiro: Capacidade de Emprego’ botou a andar en agosto de 2007 co obxectivo de formar e consegui-la inserción laboral de trinta participantes; todos eles con dificultades para acceder ó mercado de traballo.

    Os técnicos encargados de impartir o porgrama desenvolveron un itinerario formativo individualizado con cada un dos participantes mentres que paralelamente se impartiron cursos de formación complementaria como os de orientación laboral, iniciación ás novas tecnoloxías, asistente persoal e coidador infantil.

    Agora, a piques de remata-lo programa esta mesma semana, o balance non pode ser máis positivo co 53 por cento do persoal en activo, en diferentes sectores laborais.

    Subvención autonómica

    A posta en marcha do programa foi posible grazas a unha subvención da Consellería de Traballo que aportou o 70 por cento dos 52 mil euros destinados ó desenvolvemento do plan. O concello foi o encargado de aportar o 30 por cento restante.

    Dende o executivo xa se ten tramitado unha nova solicitude de axuda ante o departamento de Traballo para a organización dunha segunda fase do programa de emprego que, de ser concedida, daría comezo entre os meses de agosto e setembro deste mesmo ano.

    Redacción Barbanza