A Xunta reactiva a contratación das obras para mellorar o acceso ó hopsital do Barbanza

BARBANZA> A Xunta de Galicia reactiva a contratación das obras de mellora dos accesos ós complexos da área hospitalaria da Coruña, que comezarán en verán. Un total de dez empresas presentaron as súas ofertas á execución destes traballos, que previsiblemente darán comezo este verán.

A declaración do estado de alarma paralizou o procedemento de contratación das obras de mellora dos accesos ós hospitais da provincia da Coruña, entre os que se atopa o centro comarcal do Barbanza. A declaración de carácter esencial destas actuacións por parte do Consello da Xunta permite agora retomar o proceso ó que concorreron dez empresas.

As obras suporán un reforzo da seguridade viaria e accesibilidade na contorna dun total de dez hospitais de toda a provincia co fin de favorece a mobilidade tanto de pacientes como de persoal sanitario. No caso concreto do hospital do Barbanza, os traballos consistirán na renovación do firme na vía de acceso así como a mellora das beirarrúas e áreas de aparcamento. Melloras que se acometerán tamén noutros centros hospitalarios da área sanitaria como o Clínico de Santiago, o hospital provincial de Conxo e o Gil Casares.

Tódolos proxectos foron planificados en colaboración con responsables do Sergas, analizando as principais necesidades e as fases de execución para non interferir na actividade hospitalaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí