![]()
BARBANZA > O voto de PSOE e BNG imposibilitou que prosperase a iniciativa do PPdeG para suprimir o parque de Laxe Brava do Plan de Acuicultura.
{flowplayer}barbanza/laxebrava.flv{/flowplayer}
O voceiro de asuntos marítimos do PPdeG, José Manuel Balseiro, defendeu na comisión deste luns que reservar máis de 308 mil metros cadrados no termo municipal de Ribeira para instalar unha granxa acuícola ‘era un total disparate e colisiona de fronte coa necesidade de garantir a correcta protección dun lugar de grande interese medioambiental’.
Así, Balseiro Orol subliñou que o futuro parque, situado na zona de O Corgo, linda co complexo húmido de Corrubedo e cas lagoas de Carregal e Vixán polo que se poría en perigo o ecosistema do contorno.
Rexeitamento social
Xunto con isto, dende o PPdeG consideran que tanto socialistas como nacionalistas desoiron a alta oposición veciñal e social acadada en contra do establecemento deste polígono acuícuola, desprezando as máis de 700 alegacións rexistradas na súa contra.
Por último, os deputados populares criticaron con dureza aos nacionalistas que, segundo afirmaron, unha vez máis se posicionaron a favor deste proxecto, malia ter amosado o seu apoio a aqueles que reclaman a súa supresión nas manifestacións que tiveron lugar na Barbanza.
José Manuel Balseiro cualificou esta actitude como “dobre discurso dos nacionalistas” e lembrou que o voto favorable do BNG sumado ao do PP obrigaría a Consellería de Pesca a reixetar o plan galego de acuicultura e permitiría configurar un novo mapa acuícula con emprazamentos mellor estudados onde coexistisen o interese medioambiental e veciñal co desenvolvemento económico galego.
Redacción Barbanza








