O executivo rianxeiro levará a pleno este mes de xullo a aprobación da RPT

RIANXO> Fito histórico. Así o define o alcalde, Julián Bustelo, o acordo acadado cos representantes dos traballadores que por unanimidade decidiron aprobar a proposta Relación de Postos de Traballo, a primeira da que disporá este Concello na súa historia.

O documento será unha ferramenta clave para ordenar e definir os postos, as funcións, e sobretodo as responsabilidades dos traballadores municipais, adaptando a organización municipal á realidade actual.

A idea que manexa o goberno rianxeiro é que a proposta sexa levada xa a pleno este mes de xullo, para a súa aprobación inicial.