BOIRO> Onte domingo caía no Toralín ante a Ponferradina por dous goles a cero. Os boirenses seguen coa súa dinámica negativa, con tres derrotas consecutivas. A falla de acerto privou novamente ó CD Boiro de traerse de terras leonesas un resultado máis positivo. Onte visitaba o Toralín, o campo da Ponferrdaina, un rival de prestixio que tampouco estaba a pasar polo seu mellor momento da tempada. Os homes de Fredi Álvarez sairon concienciados dende un primeiro momento da importancia dos tres puntos, pero non serviu de moito. Levaban apenas transcorridos sete minutos do encontro e os leoneses facían o seu primeiro tanto do partido por mediación de Reina. A partir de ahí, un querer e non poder para o Boiro, que a pesar de chegar á área rival con bastante frecuencia, non era quen de concretar. Antes do descanso unha das melores ocasión para os barbanzáns. Un remate de Pedro Beda foi repelido polo longueiro. Á volta dos vestiarios o Boiro seguiu insistindo no empate, pero sen sorte. E nunha xogada rápida da Ponferradina, cando levaba transcorrida xa unha hora de xogo, tiña lugar a xogada que marcaría posteriormente o desenlace do encontro. O arbitro asubiaría pena máxima por unha falta de Mateo. O central boirense foi ademais expulsado nesa xogada ó recibir o segundo cartón amarelo. O penalti foi transformado por Yuri, poñendo o dous a cero no marcador. O Boiro quedábase cun home e xa non tivo tempo a reacción. Os de Ferdi seguen en postos de perigo. Son décimo sextos con 24 puntos e zona de ‘play off’ de descenso. Polo que respecta ó resto de resultados dos equipos galegos nesta categoría destacar a abultada vitoria do Celta B en Pasarón ante o Pontevedra por catro goles a cero, cun Borja Iglesiais, o pichichi da categoría como verdadeiro protagonista. O Somozas vencía por un gol a cero ó Izarra e o Coruxo caía derrotado no campo do líder deste grupo primeiro, a Cultural Leonesa por tres goles a un. O encontro do Racing de Ferrol e o Palencia foi aprazado.
Inicio Barbanza - Muros - Noia







