O PSOE denuncia os compromisos da Xunta coa comarca noiesa en materia de mobilidade

NOIA> Un dos aspectos no que incidiron os socialistas esta mañá en Noia garda relación co mal funcionamento do transporte público, cun servizo metropolitano que presenta enormes carencias e problemas, o que evidencia o escaso interese que ten o Partido Popular polo rural.

Outro dos compromisos adquiridos polo Partido Socialista se chega á presidencia da Xunta a partir deste próximo domingo, será o desdobramento do actual corredor Brión-Noia en Autovía, despois dos reiterados anuncios incumpridos por parte do PP nestes anos.

Por último os socialistas aludiron tamén a outra das principais carencias en materia de infraestruturas e mobilidade na comarca noiesa como é o da mellora da estrada provincial que une Boiro e Noia, que se realizaría a través do traspaso do vial á titularidade autonómica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí