Os comuneiros de Carril reivindican a execución lícita do complexo hípico

    travanca100_170408.jpgVILAGARCÍA > A Comunidade de Montes de Trabanca – Sardiñeira de Carril apoiada por varias asociacións  do lugar defenden o proxecto

    …xa iniciado dun complexo hípico sen ánimo de lucro na zona do campo fútbol, segundo eles abandonada dende fai anos.

    O conflito desatouse despois de que u grupo de veciños presentara no concello 400 firmas en contra da iniciativa hípica. O proxecto conta co respaldo da Consellería do medio rural. Os integrantes das asociacións e da comunidade de Montes de Trabanca- Sardiñeira nunca pensaron que o seu proxecto ía causar tanta problemática. Un proxecto apoiado economicamente pola consellería do medio rural e no seu momento xa contou co pulo e o respaldo do concello , segundo o presidente da comunidade montes , trala presentación de 400 firmas en contra o executivo local non se manifesta e insinúa como motivo a conservación da imaxe electoral

    Unha iniciativa que comezou sendo modesta co obxectivo de aproveitar un espazo forestal como actividade lúdica, e que o final acabou converténdose nun proxecto ambicioso e produtivo Os veciños que se postulan en contra argumentan que no pasado loitaron para que se fixera o campo de fútbol para desenvolver actividades deportivas para os rapaces e por iso solicitan a paralización das obras. Pola contra os comuneiros afirman que a zona está completamente abandonada

    Os colectivos de Trabanca reivindican o seu dereito a potenciar a actividade hípica sen ánimo de lucro posto que non están cometendo algo ilegal.

    Redacción Salnés