Quintana avoga en Vilagarcía pola desaparición das deputacións

    mitinbngvilagarcia100_140507.jpgVILAGARCÍA > O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, foi o apoio que recibiu o aspirante nacionalista Xosé Castro Ratón

    … Con el tamén estivo a delegada provincial de Innovación Montserrat Prado. Quintana defendeu a candidatura vilagarciá por ter ideas, proxecto e un líder como Castro Ratón.

    mitinbngvilagarcia200_140507.jpgA Deputación parece que está en xogo no Salnés. Pero mentres uns se afanan en presidila, outros queren chegar a ela para desinflala ata a súa desaparición. É o caso do BNG e así o deixou claro no primeiro mitin de campaña en Vilagarcía. Anxo Quintana achegouse a Vilagarcía para apoiar a Xosé Castro Ratón, candidato á alcaldía polo BNG. O vicepresidente da Xunta non veu de baleiro e comprometeu unha residencia de anciáns, unha galescola e un centro de día.

    O candidato Xosé Castro Ratón dirixiuse ós votantes descontentos tanto co PSOE como co PP para dicirlles que o BNG é o único garante seguro de progreso. As principais críticas dirixiunas á campaña do PP, que considera de atolondrada, polos apoios foráneos recibidos, e pola crispación permanente que xera.

    Redacción Salnés