Un tornado destroza un cámping na praia de Cabío

    tornado_100.jpgA POBRA > O temporal rexistrado na pasada noite no Barbanza cebouse especialmente co cámping Ría de Arousa situado na praia de Cabío, na Pobra. Un tornado

    tornado_200.jpgA POBRA > O temporal rexistrado na pasada noite no Barbanza cebouse especialmente co cámping Ría de Arousa situado na praia de Cabío, na Pobra. Un tornado pasou polas instalacións arrancando árbores e demais obxectos que atopaba ó seu paso. A zona máis afectada foi a cociña do restaurante que quedou practicamente destrozada ó caer unha póla enriba.

    Os feitos aconteceron arredor das nove e media da noite cando tan só se atopaban tres persoas no cámping: un cliente, unha empregada e a dona do establecemento. O tornado durou unicamente uns segundos nos que se levou por diante árbores, bancos e demais elementos de mobiliario urbano así como varios avances situados na zona do cámping. Aínda que a peor parada foi a conciña do restaurante sobre a que caeu unha árbore casionando importantes desperfectos. A propietaria do cámping, Tita García Iglesias, que se atopaba na recepción cando se produciu o tornado lembraba así o susto vivido durante a pasada noite aínda que afortunadamente non se produciu ningún dano persoal.

    tornado2_200.jpgEsta mañá varios técnicos municipais e o propio alcalde, Isaac Maceiras, se achegaron ata o cámping para avaliar os danos ocasionados polo furacán que semellan moi cuantiosos. O rexedor anunciou que se vai acometer unha actuación inmediata para ter completamente acondicionada toda a zona do paseo marítimo antes do verán. Segundo informou Isaac Maceiras a maior parte dos danos rexistráronse na zona do cámping e no parque infantil municipal situado ó seu carón mentres que o paseo marítimo apenas sufriu os efectos do vendaval.

    Ata a zona tamén se achegou esta mañá o Xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil. Acompañado polo rexedor pobrés, puido coñecer de primeira man os destrozos causados polo tornado na zona do paseo e na praia. A maioría dos danos afectaban a árbores e plantas, como é o caso das acacias e os pinos. Por esta razón xa deu orde para que se procedese de inmediato á súa retirada. Mañá está previsto que se despracen á zona dúas brigadas de obras do Ministerio de Medio Ambiente que se encargarán de recoller e limpar tódolos desperfectos. Rafael Eimil indicou ademais que o seu departamento estudará tamén o cambio das árbores afectadas por outras novas, estudando en cada caso a idoneidade das especies.

    Redacción Barbanza