As restricións sanitarias impactan sobre o sector do viño, abocado ao mercado virtual

RIBADUMIA> As dificultades provocadas polo coronavirus afectan de xeito desigual ás adegas segundo o seu canal de comercialización. Aquelas nas prevalecen as vendas internacionais vense menos prexudicadas, as que dependían da restauración e hostalería reducen os seus ingresos ata un 95%. Dende o sector sinalan que a situación está acelerando a incorporación das adegas ao mercado virtual.

A crise económica provocada polo coronavirus afecta de xeito desigual á adegas segundo o seu canal de comercializacións. Aquelas cuxas vendas maioritarias se atopan no mercado exterior tiveron menos dificultades que as que dependían do mercado nacional. Aínda así as adegas non baixan a garda.

O peche da hostalería e as tendas especializadas afecta con gran importancia as adegas que dependían do mercado nacional. As súas vendas puideron caer por riba do 90%.

Dende o sector creen que a covid adiantará a incursión das adegas no mercado virtual.

As adegas xa están moi presentes nas redes sociais. A través da internet están celebrar catas online, feiras ou outro tipo de actividades. O obxectivo é dar a coñecer a adega e os seus viños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí