O Extrugasa celebra o final de temporada coa tradicional comida

baloncesto250_250408.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa afronta mañá o seu derradeiro partido en temporada regular ante o Perfumerías Avenida. As vilagarciáns xa saben que serán séptimas na Liga e que se xogarán a súa presencia en Europa o vindeiro ano ante o Celta Vigourban. Ademais hoxe celebraron a súa tradicional comida de fin de campaña.

Cos deberes feitos. Así de tranquilo rematará o Extrugasa a presente temporada, sabendo que fixo o mellor curso baloncestístico da súa historia.

Ó gran papel na Liga hai que sumarlle a excelente actuación que tiveron en competición europea, algo de enorme mérito tendo o presuposto humilde que manexa. 

E precisamente o tema económico foi un dos temas dos que máis se falou na comida de hoxe. Representantes dos catro conxuntos vilagarciáns que xogan en competicións nacionais e teñen que desplazarse fóra con asiduidade, Inelga, Arousa, Liceo e o propio Extrugasa, mantiveron hoxe unha reunión coa concelleira de deportes Victoria Hierro para tratar de chegar a un acordo para que estes clubes poidan recibir unha partida económica extra, tendo en conta que xa se lle destinan cartos dende a Fundación Municipal.

A directiva do Extrugasa cree fundamental que tódolos organismos e en especial o Concello poña o seu gran de area para poder manter un equipo deste nivel. A cifra da quen se falou ronadaría os 70.000-80.000 euros anuais a repartir entre os catro clubes.

No estrictamente deportivo, o Extrugasa pensa máis no encontro do mércores ante o Celta que no de mañá, onde se xogan máis as salmantinas, xa que poderían desbancar a Ibiza do segundo lugar da xeral e recuprar o factor cancha de cara ó playoff.

Ademais, na liga EBA o Inelga recibe o domingo ás 12:00 ó C.B. Galicia buscando unha victoria e o picazo dos seus predecesores na táboa. Mentres o Establecimientos Otero xógase moi pouco mañá ás 18:30 no seu enfrontamento ante o Basquet Coruña, xa que xa ten garantizada a súa presencia na fase de ascenso.

Redacción Salnés