VILAGARCÍA> A piloto vilagarcián do Motoclub Sqem proclamouse recentemente campiona de España de trial en categoría Féminas B. Ó acto acudiron entre outras autoridades, a alcaldesa Dolores García e a concelleira de deportes Victoria Hierro.
Verónica Miguéns recibíu onte á noite no concello de Vilagarcía unha merecida homenaxe polo seu recentemente acadado campionato de España de trial, en categoría Féminas B.
A xoven piloto do Motoclub Sqem acadou o título o pasado día 18 de outubro en León completando así o seu mellor ano, no que a resultados deportivos se refire.
Por problemas de axenda non se lle puido homenaxear no concello ata onte, nun acto no que estivo presente a alcaldesa Dolores García e a edil de deportes Victoria Hierro, que lle fixeron entrega dunha placa conmemorativa.
No acto tamén estiveron presentes as concelleiras Susana Camiño e María Dolores Couso que felicitaron a Verónica e lle desexaron a mellor das sortes para os vindeiros retos deportivos.
Redacción Salnés