A clasificación ao Europeo sub-19 tamén se xoga en Vilagarcía

VILAGARCÍA> O mellor fútbol verase esta semana no campo vilagarcián da Lomba. A capital arousá será a sé de tres partidos da fase de clasificación para o Campionato de Europa Feminino sub19. As seleccións da República de Irlanda, Serbia e Hungría enfrontaranse para gañar un posto no europeo.

A clasificación para o Campionato de Europa Feminino sub19 xogarase en Vilagarcía. A Lomba acollerá tres encontros desta fase.

Hungría e Irlanda estrearán a fase vilagarciá o día 3 á unha do mediodía. Á mesma hora o sábado 6 veranse as caras as seleccións de Irlanda e Serbia. O partido entre Serbia e Hungría despedirán a quenda de clasificación o día 9 ás 6 e media da tarde.

As seleccións tamén adestrarán en diferentes campos de fútbol do Salnés, levando o campionato a toda a comarca.

O campo compostelán Vero Boquete de San Lázaro tamén acollerá varios encontros, entre eles os da selección española. O conxunto é o vixente campión europeo.