Os veciños do Pombal demandan unha actuación integral para dotar de servizos esta rúa

    vecinospombal_100_250408.jpgRIBEIRA > Os veciños da rúa do Pombal denuncian o estado de abandono en que se atopa este barrio.

    {flowplayer}barbanza/vecinospombal.flv{/flowplayer}

    Aínda que o executivo municipal acometeu hai pouco unha serie de melloras na zona do Pombal, un tramo da rúa quedou sen acondicionar. Agora, os veciños reclaman que se execute tamén unha actuación neste treito posto que carece dos mínimos servizos.

    A rede de sumidoiros, xa obsoleta, é insuficiente para dar servizo a tódolos residentes polo que son frecuentes as inundacións. Os veciños solicitan que se acometa a súa renovación e a separación de pluvias e fecais.

    Accesos adaptados

    Outra das demandas refírese á necesidade de adaptar os accesos posto que a entrada á rúa só se pode realizar a través dunhas escaleiras.

    Tamén denuncian a falla de limpeza e a existencia dun solar abandonado que se converteu nun foco de infeccións.

    Actuación integral

    O BNG decidiu apoiar ós veciños nas súas reivindicacións e o próximo luns levará a pleno unha moción solicitando unha actuación integral no barrio. Así mesmo, demandan que se dote á zona dunha área de esparcemento para os veciños e un parque infantil.

    Redacción Barbanza