A Educación: das aulas á mesa

    comedor_florida100.jpgSANXENXO> O colexio Florida de Sanxenxo, xa ten comedor escolar. As instalacións foron financiadas polo concello co obxectivo…

    … de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar aos pais do municipio.

    O delegado de Educación, José Armando Cristóbal, e a concelleira de Cultura, Paz Lago, inauguraron hoxe este comedor. Un servizo que os pais viñan demandando dende hai tempo e que agora é unha realidade.

    O concello de Sanxenxo investiu nas obras deste comedor 12.000 euros. A consellería de Educación aportou o mobiliario e financia unha parte do menú escolar, que custa 4 euros con oitenta, por día e rapaz.

    Este comedor ten capacidade para 50 alumnos do colexio, de entre 3 e 12 anos. Un mes despois de que estas instalacións se puxeran en funcionamento hai uns 30 rapaces que fan uso deste servizo, cada día.  Coa posta en marcha do comedor escolar, os pais poden compatibilizar mellor o seu traballo coa atención aos seus fillos.

    Unha coñecida empresa de catering xestiona a comida neste comedor. O menú é variado e os traballadores ocúpanse de que os rapaces coman de todo; moitos nenos están encantados de poder comer en compañía dos seus amigos.

    AMPLIACIÓN DOS CENTROS

    A consellería de Educación e o concello de Sanxenxo tramitan, na actualidade a ampliación dos centros educativos de Dorrón e Vilalonga. Ambos colexios están pendentes de que a consellería entregue os anteproxectos de ampliación para que o concello poda expropiar os terreos necesarios para acometer as obras.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/110209_comedor_escolar_florida.flv{/flowplayer}