EU tacha de “continuísta” ó executivo local co proxecto Luz Salgada

    fajardo100_250408.jpgVILAGARCÍA > O voceiro de EU, Juan Fajardo afirma que o goberno local segue na súa postura “continuista” e critica a actitude irresponsable do PP

    … ó permitir a un dos seus edís non presentarse á votación. Esquerda Unida de Vilagarcía manifestou esta mañá a súa decepción tralo pleno extraordinario convocado polo partido popular celebrado onte. O proxecto Luz Salgada era un dos puntos de debate.

    EU de Vilagarcía tacha de irresponsables ó grupo popular, que despois de convocar un pleno extraordinario e mostrar o seu apoio ó proxecto luz salgada, agora votou negativamente á iniciativa e coa abstención dun dos seus concelleiros, por non presentarse á votación O voceiro de esquerdas, Juan Fajardo engadiu que con esa actitude os populares demostran que non están preparados para gobernar nun futuro

    Con respecto ao proxecto luz Salgada, reclaman e critican que non se abordaron as cuestións de fondo nas que veñen insistindo dende fai tempo, como son a instalación de beirarúas por todo o trazado. Fajardo cualificou ó goberno local de continuista coa política do ex-alcalde Javier Gago, de executar proxectos sen a confianza dos cidadáns.

    O voceiro de esquerdas pregúntase que vai pasar cos regatos dos parkings, cas redes pluviais rurais que non teñen saída ou coa desembocadura do río do Con que está colapsada.

     Pero un dos temas que más preocupa os de esquerdas é ambiguedade coa que xoga o executivo local con respecto ó parking que queren levar a cabo en Fexdega, o cal EU se posiciona en contra pero ó parecer non é o único, xa que segundo EU o goberno local ten pensado facer outro aparcadoiro privado na Xunqueira

    Redacción Salnés