Rianxo aproba o novo convenio colectivo para o persoal laboral e os regulamentos de teletraballo e segunda actividade

RIANXO>  O alcalde, Adolfo Muíños, valorou de xeito moi positivo o acordo, que deberá ser agora ratificado en pleno. 

A Mesa de Negociación vén de aprobar por unanimidade o novo convenio colectivo para o persoal laboral do Concello, o acordo regulador para os funcionarios e os regulamentos de teletraballo e segunda actividade para todo o persoal ó servizo da Administración Local. O alcalde, Adolfo Muíños valorou de xeito moi positivo o acordo, que, segundo el, pretende ser o último chanzo antes da futura aprobación da relación de postos de traballo, que se prevé finalizar nuns meses.

O segundo dos apartados do acodo foi o regulamento de teletraballo que establece os protocolos de funcionamento da administración e dos departamentos non só en tempos de pandemia.

Outro dos grandes apartados do acordo é o regulamento de segunda actividade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí