O PP de Boiro denuncia presuntos vertidos de augas fecais en montes comunais

BOIRO> O PP de Boiro fíxose eco das queixas veciñais sobre presuntos vertidos de augas fecais en montes comunais. De confirmarse estas prácticas, denuncian os populares, suporían un importante risco para a saúde pública.

Xa hai meses que o Partido Popular tiña coñecemento por parte de varios veciños do baleirado de presuntamente augas fecais por parte da empresa responsable do mantemento da rede municipal de sumidoiros. A pesar de ter atopado algún resto que apuntaba a vertidos non foi ata o de agora cando se animaron a denuncialo publicamente ó contar cun documento gráfico.

O PP esixirá explicacións ó goberno local para aclarar se autorizou ou é coñecedor destas prácticas que os populares consideran intolerables.

Pola súa banda, dende o concello solicitaron un informe para aclarar a orixe destas sustancias aínda que, á espera de confirmación, apuntan que non se trata de ningún vertido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí