Veciños de Almirante Fontán concéntranse ante o xulgado

    almirantefontan_xulgado100_300408.jpgVILAGARCÍA > Os veciños da rúa Almirante Fontán, de Vilaxoán, concentráronse esta mañá diante dos xulgados de Vilagarcía …

    … en apoio ás seis persoas que hoxe estaban citados nun acto de conciliación coa empresa Rey Casal. A promotora está a construír un edificio nesa zona e precisa acceder á obra por unha vía que os veciños afirman que teñen rexistrada como da súa propiedade. Rey Fontán denunciounos por ameazas, vexacións e coaccións e acúsaos de ocasionarlle perdas na obra. Cargos que os veciños negaron.

    María Ordás foi unha dos seis veciños citados nos xulgados, que foron acollidos con aplausos nada máis saír do edificio. A presidenta da comunidade lembra que teñen outra denuncia interposta pola promotora, o que considera unha clara medida de coacción. Os veciños lembran que nesta situación hai 40 familias afectadas. Xa levan varias reunións fallidas co Concello pero non descartan o diálogo para conseguir unha solución boa para todos.

    Redacción Salnés