Rueda inaugura o Congreso Nacional de Administradores de Fincas

    administradores_fincas_copia100.jpgSANXENXO> O Conselleiro de Presidencia estivo acompañado pola alcaldesa e o presidente da Mancomunidade do Salnés. Os máis de 150 congresistas están a debater os problemas do sector.

    {flowplayer}images/salnes/ADMINISTRADORES_FINCAS.flv{/flowplayer}

    O acto oficial da inauguración tivo lugar ás 6 da tarde coa presenza de destacadas autoridades. Alfonso Rueda, Catalina González e Jorge Domínguez respaldaron o evento e a importancia dos temas a debater. O conselleiro de presidencia mostrou a satisfacción da Xunta pola elección de Sanxenxo e de Galicia como sede do Congreso Nacional de Administradores de Fincas, despois de 20 anos. Rueda sinalou a importancia do traballo deste colectivo no mercado da vivenda e nas relacións entre administracións para logra un mellor acceso á mesma.

     O ciclo de ponencias comezou con temas tan importantes como a eficiencia enerxética e a reforma da propiedade horizontal, así como a necesidade de obter unha personalidade xurídica para as comunidades de propietarios.

     Pero neste congreso, non todo é debater. Os asistentes están a disfrutar da gastronomía e do turismo enolóxico, cultural e de praias. O presidente da Mancomunidade do Salnés mostroulles as actividades que poden atopar no Salnés.

     Pola súa parte a alcaldesa de Sanxenxo, sinalou a importancia turística da localidade e a súa aposta polo turismo de congresos.

    Hoxe os congresistas teñen unha apertada axenda, que comezou esta mañá cunha visita á Catedral de Santiago, con ofrenda colexial.

    Redacción Salnés