Rubiáns urxe unha solución ós problemas das obras da circunvalación

    rubians100_300408.jpgVILAGARCÍA > A empresa que executa as obras da circunvalación farase cargo dos danos ocasionados polas voaduras. Así lle lo indicaron os técnicos …

    … ós veciños de Rubiáns. Na reunión tamén participou a alcaldesa que se comprometeu a negociar con Fomento unha solución ós problemas de augas que ocasionan estas obras.

    Os veciños de Rubiáns, en Vilagarcía poderán reclamar á empresa que executa as obras da circunvalación polos danos que ocasionan as voaduras nas súas propiedades. Hoxe mesmo puideron expoñerlle os seus problemas directamente á alcaldesa e ós técnicos da empresa. Segundo indicaron, as explosións fanlle tremer as casas e mesmo están a aparecer fendas nas paredes, ademais das pedras que lles caen. Pero o problema que máis preocupa ós veciños é a evacuación das augas. Segundo denuncian, en canto chove teñen as fincas, cortes dos animais e baixos de vivendas anegados.

    Na xuntanza de hoxe os veciños marcharon con algúns compromisos tanto da empresa como do Concello. Sobre as voaduras, informóuselles que só quedan dúas fortes por facer e que tratarán de baixar a súa intensidade e tamén lles dixeron que se farán cargo dos danos. En canto á recollida das augas, o Concello negociará unha solución co Ministerio de Fomento. Segundo indicaron os técnicos, ás obras da circunvalación aínda durarán oito ou dez meses.

    Redacción Salnés