Numerosas persoas acodena o acto de condea do asasinato de Mari Luz Pose

    CAMBADOS > Numerosas autoridades e veciños estiveron esta tarde na concentración de condena que organizaron o concello …

    … e a asociación de comerciantes Zona Centro, da que foi presidenta a vítima . Foi o seu xeito de mostrar o apoio unánime de todo o pobo de Cambados a Mari Luz Pose e a súa familia.

    todosconcentracion_200_001.jpgNo comunicado que leu o presidente dos comerciantes, Marcos César González, tamén se resaltou a repulsa a tódolos crimes perpetrados ás mulleres pola violencia machista. Ademais, pedíronlle ás autoridades máis recursos económicos, materiais e humanos, para loitar contra este tipo de violencia, así como unha actitude de firmeza e denuncia á sociedade.

    Logo do comunicado, viñeron os minutos de silencio, para recordar a vítima. Ademais da concentración desta tarde en Cambados, hoxe tamén houbo actos similares nas principais cidades galegas convocados pola Vicepresidencia da Xunta. En todas elas se pretendía mostrar á condena da sociedade á violencia de xénero.

    concentracionboa_200.jpgAdemais de políticos e autoridades, á concentración tamén asistiron un importante número de persoas que quixeron condenar a morte de Mari Luz Pose. Coa vítima de onte en Cambados, xa son 74 as mulleres mortas por violencia de xénero en España no que vai de ano, cinco delas en Galicia.

     O Consello Local de Muller de Vilagarcía e o concello de Cambados disporán mañá de varios autobuses para todos aqueles que desexen asistir ó sepelio de Mari Luz Pose mañá pola mañá en Valga, de onde era natural.

    {flowplayer}images/salnes/concentracion.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés