O PP esixe a inclusión das percebeiras no marco de profesións de risco

    ppredeiras_100_210508.jpgBARBANZA > O PPdeG presentou unha iniciativa parlamentaria a través da cal pretende rematar coa discriminación nos colectivos de percebeiras e redeiras.

    {flowplayer}barbanza/ppredeiras.flv{/flowplayer}

    O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, e a voceira de Igualdade, Susana López Abella, informaron da proposta presentada no parlamento para conseguir un acordo unánime da Cámara e instar ó goberno central a incluí-las profesións de percebeiras e redeiras como unha actividade de risco.

    Vantaxes sociais

    Esta circunstancia permitiría que se acollan ás vantaxes sociais derivadas desta consideración, como a aplicación dun coeficiente redutor que permita adiantar a idade de xubilación destes traballadores.

    Conciliación familiar e laboral

    O PPdeG plantexa tamén a necesidade de que a Xunta revise a normativa que regula estas actividades para que todas as redeiras, percebeiras e demais traballadoras do marisqueo a pé poidan acollerse ás medidas de conciliación laboral e familiar por nacemento, adopción e acollemento, embarazo e lactancia. A medida permitiría, por exemplo, que redeiras e percebeiras poidan acceder ás prestacións por maternidade ás que, ata o de agora, non teñen dereito.

    O Grupo Popular tamén reclama que no marco das políticas de igualdade que desenvolve a Xunta, se artellen as medidas necesarias para recoñecer o complemento, ata o 100% da base reguladora do subsidio económico por risco durante o embarazo para percebeiras, redeiras e demais traballadoras do marisqueo a pé, incluso cando a interesada non reúna os requisitos mínimos fixados para acceder a esta prestación.

    Segundo os populares a Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia obriga á Xunta a outorgar prioridade á situación das mulleres do sector marítimo pesqueiro, para o que deberá implantar programas e medidas destinadas a facilita-la súa integración laboral.

    Redacción Barbanza