O PP pide á Xunta que retome o Proxecto Life nos portos do Salnés

    pp_proxectolife100_210508.jpgCAMBADOS > O PP reclama á Xunta que retome o Proxecto Life e repoña os ecopuntos nos dez portos da comarca do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/proxectolife.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > O PP reclama á Xunta que retome o Proxecto Life e repoña os ecopuntos nos dez portos da comarca do Salnés. Os populares lembran que nesta iniciativa se investiron 600.000 euros, con axuda de Fondos Europeos, tanto na instalación de contedores, como en campañas de concienciación sobre a recollida selectiva.

    A pasada semana o BNG de Cambados denunciou a acumulación de materiais de refugallo nos portos de San Tomé e Tragove e esixía a Portos de Galicia unha solución. O PP local súmase a esta petición pero vai máis aló. Lembra que estes ecopuntos se instalaron a finais do 2003 en dez portos do Salnés, dentro do Proxecto Life.

    Os populares din que a Xunta actual rescindiu o contrato á empresa encargada e na nova contratación non contemplou seguir coa recollida e ademais desmantelou os ecopuntos. Deste xeito bótase por terra o investimento de 600.000 euros feito polos concellos, confrarías, autoridade portuaria de Vilagarcía, Mancomunidade e Fundación Comarcal do Salnés, coa axuda de fondos europeos.

    O Concello de Cambados está disposto a seguir con este proxecto e facerse cargo con fondos propios da recollida dos residuos. Por iso, o alcalde esixe á Xunta que lle devolva os contedores dos portos de Tragove e San Tomé. O PP xa presentou en marzo unha iniciativa ó respecto no Parlamento de Galicia, que aínda non se debateu.

    Redacción Salnés