O Barbanza súmase ás protestas contra o machismo no fútbol

RIBEIRA> O Barbanza sumouse ás numerosas concentracións convocadas en todo o territorio nacional en rexeitamento da agresión machista do presidente da Federación Española de Fútbol. Dende o colectivo sosteñen que este episodio é tan só unha pequena mostra do machismo estrutural ó que teñen que facer fronte as mulleres no deporte profesional.

A praza do concello de Ribeira foi o lugar elixido polo colectivo Mulleres en Acción para celebrar unha concentración en solidariedade coa futbolista Jenni Hermoso pola agresión machista sufrida a mans do presidente da Federación Española de Fútbol Luís Rubiales.

Dende o colectivo consideran que esta polémica que acadou xa sona mundial serviu para visibilizar o problema de machismo estrutural que se vén dando no deporte, nomeadamente no fútbol profesional.

Numerosas persoas, non só de Ribeira senón de todo o Barbanza, secundaron a convocatoria do colectivo e achegáronse ata as portas do concello ribeirense para amosar o seu rexeitamento a esta  acción para a que piden consecuencias inmediatas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí