O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, anunciou esta mañá o inicio das obras de construción do proxecto de recuperación e mellora do contorno do bordo marítimo comprendido entre Punta Mosquetón e Punta Cabío.
Xa deron comezo as obras do proxecto de recuperación e mellora do contorno do bordo marítimo comprendido entre Punta Mosquetón e Punta Cabío, unha actuación sufragada pola Dirección Xeral de Costas, dependente do Ministerio de Medio.
O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, amosou a súa satisfacción polo inicio dos traballos de construción do novo paseo, cun orzamento de 733 mil euros e un prazo de execución de nove meses.
Segundo o rexedor local esta obra, que será unha continuación do paseo marítimo de Lombiña-Cabío, pretende potencia-los lugares e itinerarios de gran valor paisaxístico, as zonas de estancia e de ocio, así como a accesibilidade e a comunicación do bordo litoral.
Entre as actuacións a realizar atópase a habilitación dunha zona de xogos infantís preto ó actual posto de socorro e dous miradoiros, un na Pedra da Moura e outro un pouco máis abaixo, preto da Punta de Cabío onde se instalarán tamén bancos de madeira e diverso mobiliario.
Toda unha serie de melloras que virán a promociona-la beleza paisaxística da zona.
Maceiras Rivas aludiu tamén a que con esta obra séguese a liña marcada polo actual executivo de seguir recuperando todo o borde litoral do municipio.