O BNG ribeirés critica as escasas inversións en materia de saneamento

    bngsaneamento_100_23052008.jpgRIBEIRA > Pon como exemplo desta mala xestión á parroquia de Oleiros, que conta cun treito de rede de mil metros que da servizo a 14 das 400 vivendas.

    A Consellería de Medio Ambiente ten elaborado o anteproxecto para a construción dun tramo da rede de saneamento, de aproximadamente dous quilómetros, no lugar da Gándara que daría servizo arredor de sesenta vivendas. A actuación tamén inclúe mellora no bombeo do hospital e da canteira para, nun futuro, recoller o saneamento de toda a parroquia. Os nacionalistas ven con bos ollos o proxecto aínda que o consideran insuficiente polo que instan ó executivo a realizar as alegacións oportunas para conquerir a extensión da rede a toda a parroquia.

    Mala xestión

    Neste sentido, os nacionalistas son moi críticos coa xestión do goberno do PP lembrando que, a pesar dos moitos anos que levan no poder, pouco teñen feito no campo da depuración das augas residuais e a súa recollida .

    Moción no vindeiro pleno 

    O grupo municipal do BNG levará a súa proposta ó pleno o vindeiro luns agardando contar co respaldo dos restantes membros da corporación. Ademais desta actuación, consideran prioritario que se subsanen as numerosas eivas que presenta a canalización de residuos tanto no caco urbano como nas parroquias.

    Redacción Barbanza