O bipartito presenta un proxecto de orzamentos de 28,5 millóns de euros

    raton_garcia100_230508.jpgVILAGARCÍA > O Concello presentou esta mañá os orzamentos municipais para o exercicio 2008, que ascenden a case 28,5 millóns de euros …

    {flowplayer}images/salnes/orzamentos_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O Concello presentou esta mañá os orzamentos municipais para o presente exercicio do 2008, que ascenden a case 28,5 millóns de euros. Baixa un 32 por cento o investimento en novos proxectos para tentar rebaixar a débeda que o Concello ten contraída, que ascende a 18 millóns de euros.

    Os orzamentos para este 2008 non son demasiado ambiciosos pero si precavidos e con intención de paliar a situación financeira do Concello e aliviar a débeda que ten contraída de anos anteriores, que se mantén no 8 por cento, e que se traduce en 18 millón de euros. Por iso na partida de investimentos non se recollen novos proxectos, nin propostas ambiciosas. Como iniciativas salientables atópanse o proxecto Luz Salgada pendente de execución ou o saneamento no rural. Isto debido á intención do goberno de rebaixar a débeda do Concello. Na partida de gastos, os servizos sociais acaparan gran parte do orzamento. Segundo explicou o goberno local, 2 de cada 3 euros gastaranse en servizos de materia social.

    O bipartito recoñeceu hoxe o seu atraso na presentación dos orzamentos, un feito que provocou malestar entre os grupos da oposición como o Partido Popular que recrimina ó executivo vilagarcián ‘a promesa incumprida’ de consensuar os orzamentos. O goberno local levará a pleno estes orzamentos antes de que remate o mes de Xuño.

    Redacción Salnés