RIANXO> Rematadas en 2020, grazas a unha subvención do Instituto de Vivenda e Solo, para destinalas tras a súa rehabilitación a uso social, as vivendas dos Mestres seguen a día de hoxe baleiras, entre outras cuestión pola falla de mobiliario.
A principios de mes o executivo local sacaba a licitación por un importe duns 19 mil euros a licitación do mobiliario, que permita poder empregalas.
Ó mesmo tempo o Concello traballa tamén na elaboración da ordenanza que regulará os criterios de adxudicación e o seu uso futuro.
Dende o Concello confían en que estes trámites poidan estar rematados xa a finais do verán, para que entren en funcionamento xa a primeiros de 2025.