A POBRA> Os afeccionados ó remo teñen unha dobre cita na Pobra este sábado. O campo de regatas do peirao pobrense acollerá a Bandeira Concello da Pobra e a Bandeira feminina Alicrusa.
Unha vintena de embarcacións reuniranse este sábado en augas da Pobra para participar nas dúas regatas previstas na localidade barbanzá.
A primeira delas será a Bandeira feminina Alicrusa que acada este ano a súa terceira edición. Comezará ás seis e media da tarde coa participación de sete equipos. Media hora máis tarde tomarán a saída as traíñas participantes na decimo oitava bandeira concello da Pobra para percorrer unha distancia de 5 quilómetros e medio nun campo de catro rúas repartidos en 6 longos.
Ademais da entrega das bandeiras, os equipos mellor clasificados recibirán premios en metálico que ascenden en total a 15 mil euros.