O Carné Xove será de balde e sen necesidade de renovación

NOIA> A Conselleira de Política Social presentou en Noia as novidades do carné xove que ademais de estrear imaxe incorpora importantes vantaxes para os seus ttiulares. Ó redor de 400 mil mozos galegos de entre 12 e 30 anos beneficiaranse deste programa de apoio á mocidade.

Aínda que o carné xove cumpre trinta anos dende que se puxera en marcha, celebrará o 2021 cunha imaxe renovada. A Conselleira de Política Social presentou esta mañá en Noia o novo deseño da campaña que incorpota novos descontos e vantaxes para a mocidade. Unha das principais novidades é que tódolos rapaces galegos de entre doce e trinta anos recibirán a súa tarxeta na casa de xeito gratuíto. Ademais non será preciso renovala posto que se amplía a súa vixencia de xeito indefinido ata que o titular cumpra os trinta anos.

Ademais das vantaxes para os mozos, a Xunta pretende impulsar a través deste programa o comercio local polo que vén de subscribir un convenio coa asociacións de Jóvenes Empresarios de Galicia para adherir ós establecementos de proximidade. A través dunha aplicación móbil, os usuarios poderán acceder a toda a información sobre descontos e promocións da súa zona xeográfica.

O alcalde de Noia quixo agradecer a implicación da Consellería coa mocidade noiesa a través de numerosos programas que vén desenvolvendo a Dirección Xeral de Xuventude no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí