Uns 2.500 policías e bombeiros participan en Europolyb

europolyb250.jpgPONTEVEDRA > Un total de 2.500 bombeiros e policías participan desde o luns nos segundos Xogos Europolyb. Veñen de toda España e de once países estranxeiros. A organización insta ós cidadáns a ser partícipes do evento e anímaos a anotarse na carreira nocturna e na Eternal Running Vikinga.

Un gran acto músico-teatral na praza de touros de Pontevedra servirá para iniciar o luns os segundos Xogos Europeos de Policías e Bombeiros. Arredor de 2.500 participantes chegados de toda España e de once países estranxeiros, 43 especialidades deportivas, sete días de competición que se desenvolverán en oito concellos, son os datos destes xogos.

A organización espera que esta competición sexa unha festa tanto para os que participan como para os cidadáns de Pontevedra e da comarca, ós que animaron a ver as probas e a participar na carreira nocturna do mércores 25, e tamén na Eternal Running Vikinga, que clausurará Europolyb o domingo 29. Os xogos teñen tamén un programa paralelo ó estrictamente deportivo, con exhibicións de especialistas dos corpos de policía e bombeiros, o salón profesional Expo-Europolyb, unhas xornadas de seguridade e emerxencias, e unha concentración moteira.

Redacción Salnés