O Boiro adianta ó sábado o encontro co Náxera en Barraña

BOIRO> O Club Deportivo Boiro prepara xa a volta da primeira eliminatoria da fase de ascenso ante o Náxera rioxano, no que o conxunto barbanzán deberá remontar un resultado adverso de dous goles a un. O encontro disputarase finalmente o sábado, ás cinco e media da tarde. A directiva xa fixo pública a listaxe de prezos para o partido. Os socios deberán aboar cinco euros, os non socios quince e os enores, de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos tres. Ademais, co fin de evitar aglomeracións ese día, o Club Deportivo Boiro habilitou puntos de venda anticipada. Así os afeccionados que o desexen poderán retirar as súas entradas dende hoxe mesmo nas propias oficinas do Club situadas no campo de Barraña, de catro e media a sete e media da tarde, ou na Cafetería York a calquera hora do día. Os socios deberán presentar o seu carné no momento de acceder ó campo.