O CND Ribeira organiza o 1 e 2 de outubro a Regata Clasificatoria da Clase Optimist

RIBEIRA> Hai uns días presentábase en Ribeira a regata clasificatoria da
clase Optimist que, con motivo da celebración do 50 Aniversario da fundación do Club Náutico Deportivo Ribeira, organizará a entidade.

A cita será os días 1 e 2 de outubro baixo a tutela da Escola de Vela Ramiro Carregal Rey, reunindo a preto de 150 nenos de toda Galicia.

A regata, na que tomarán parte as categorías Sub-13 e Sub-16, tanto masculinas como femininas, realizarase nas inmediacións da praia de Coroso, en función do vento.

Dende a Federación Galega de Vela mostraron tamén o seu apoio a esta regata, felicitando ó Club polos seus 50 anos de vida.

Ademais da Real Federación Galega de Vela, a regata conta coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego e a Deputación da Coruña, así como tamén Abanca, CONGALSA e Gadis, e o patrocinio de Ramiro Carregal Rey.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí