O sábado celébrase a IV Bandeira Porto de Vilagarcía

remo250_250310.jpgVILAGARCÍA> Javier Puertas presentou esta mañá a IV Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía, na que se darán cita preto de 700 remeiros de 20 clubes de toda a rpovincia. O Presidente da Autoridade portuaria destacou o papel que o organizador deste evento, o Club de Remo Vilaxoán, está a facer por este deporte.

{flowplayer}images/salnes/remoVilaxoan_250310.flv{/flowplayer} 

Por primeira vez a Bandeira Porto de Vilagarcía celebrarase no porto de Vilagarcía e non no campo de regatas de Vilaxoán. Será este sábado a partires das 16:00 cando comecen as primeiras tandas. Entrarán en competición tanto homes como mulleres, desde infantil ata senior, de 20 clubes de toda a provincia de Pontevedra.

No acto de presentación desta mañá estiveron Feliciano Suárez e Gelo Tarrío por parte do Club de Remo Vilaxoán, que escoitaron de boca de Javier Puertas o apoio que o Porto vailles brindar para seguir traballando na mesma liña que veñen levando nos últimos anos.

No estrictamente deportivo preséntase unha competición moi aberta onde Vilaxoán volverá a ser favorito nas categorías de base. O obxectivo dos de Gelo Tarrío é loitar pola victoria por equipos en homes e mulleres e de paso prepararse para o campionato galego que se disputa o vindeiro 17 de abril, onde teñen posta a vista. 

Mecos, na clasificación masculina, e Vilaxoán na femenina, leváronse o ano pasado a victoria por equipos. Desta volta, ademais dos anfitrións, Chapela e Cabo de Cruz parten como favoritos.

Redacción Salnés