Un total de 43 adegas de Rías Baixas estarán no Paseo da Calzada

albarino1_100_140708.jpgCAMBADOS > O centro neurálxico da festa será o Paseo da Calzada, onde 43 adegas presentarán os seus caldos.

{flowplayer}images/salnes/albarino_premios.flv{/flowplayer}

CAMBADOS > Á unha do mediodía do día 30 abriranse os stands da Festa do Albariño de Cambados, que estarán novamente acompañados dunha carpa gastronómica. No paseo da calzada disporante 40 casetas que darán cabida a 43 adegas, a maioría do Salnés, aínda que tamén se poderán degustar caldos do Ulla e do Condado.

En canto ó concurso, promovido polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, este ano concorren 64 marcas coa súa colleita de 2007, xa de por si excelente, o que llo porá moi complicado ó xurado. Os gañadores coñeceranse durante o xantar oficial do Albariño o domingo 3 de agosto. Pouco antes celebrarase o Capítulo Serenísimo do Albariño, que cumpre xa 40 anos.

Damas do Albariño serán a deputada Rosa Oubiña e a xornalista Beatríz Pino e Cabaleiros Vicente Cebrián, de pazo de Barrantes, Carlos Antonio Fernández, presidente da FEMP, Guillermo Rodríguez, presidente de Condes de Albarei, e José Antonio Ferreiro, director xeral do Consello Empresarial da Organización Mundial do Turismo, que actuará ademais de pregoeiro. No Pazo de Fefiñáns tamén se nomearán os Xóvenes Abariñenses e entregaranse as Follas de Prata, entre outros á alcaldesa de Vilagarcía, ó director xeral de Turismo e ó presidente do Grupo Quintá.

No programa do Albariño destaca tamén o Congreso galego de confrarías gastronómicas, que reunirá a máis de 30 entidades. Cambados aspira ademais a acoller os congresos nacionais e internacionais en vindeiras edicións.

Redacción Salnés