Fangoria, Boney M e Lorena, principais concertos do Albariño

albarino100_140708.jpgCAMBADOS > Fangoria e Boney M serán as principais estrelas que actúen este verán na Festa do Albariño.

{flowplayer}images/salnes/albarino_programa.flv{/flowplayer}

CAMBADOS > Comeza a conta atrás para a celebración da Festa do Albariño, que este ano ten un presuposto de 300.000 euros.

O programa inclúe unha ampla variedade de actividades, desde cursos, competicións deportivas, monólogos, ciclos de cine, exposicións ou obradoiros infantís, sen esquecerse das actuacións musicais. Entre os artistas e grupos que virán a Cambados destacan Alaska con Fangoria, Boney M, Deluxe ou Lorena. Pero tamén no apartado musical hai rexistros para tódolos gustos. Para os mozos haberá un festival con dilleis o 26 de xullo. Pero tamén haberá recitais de gospell e concertos de bandas.

A organización agarda contar cunhas 5.000 persoas de fóra de Cambados para os concertos estelares, que poden deixar grandes beneficios para a hostalería e restauración do concello. De feito, a estas alturas xa non queda habitación libre na vila do albariño para a semana grande das festas.

A festa do Albariño non comeza oficialmente ata o 30 de xullo, pero o programa xa comeza antes. Haberá actividades ata finais de setembro, tempo no que se celebrarán outras citas como a Festa Europea do Viño, a Festa da Vieira e a Festa da Vendima.

Redacción Salnés