A Pobra incrementa a súa oferta turística con rutas marítimas a bordo do Nauja

    nauja.jpgPOBRA > A concellería de Turismo e a empresa Acquavisión Galicia desenvolverán durante o verán o programa de rutas turísiticas ‘Achégate ó mar’.

    {flowplayer}barbanza/nauja.flv{/flowplayer}

    Por segundo ano consecutivo e despois da boa experiencia acadada durante o pasado verán o concello da Pobra do Caramiñal e a empresa Acquavisión Galicia volverán a desenvolve-lo programa turístico-medioambiental ‘Achégate ó mar’ que se vai poñer en marcha a partir da vindeira semana.

    Máis oferta

    Trátase en definitiva de aumenta-la oferta turística existente neste municipio. De xullo a setembro o veleiro ‘Nauja’ sairá tódolos mércores dende o porto pobrés, realizando viaxes ás illas de Sálvora e de Ons.

    Turismo activo

    A iniciativa presentada a bordo do propio veleiro pretende potenciar un novo tipo de turismo activo, implicando ós participantes na navegación, ó mesmo tempo que se da a coñecer a riqueza natural da ría de Arousa e a importancia do patrimonio marítimo, exemplificado no parque nacional das Illas Atlánticas. A experiencia non pode ser máis satisfactoria para os que participen nela.

    Aínda que as saídas están proxectadas para os mércores, poderase amplia-la frecuencia das rutas no caso de que así o demanden os visitantes. O prezo por persoa adulta rondará os 45 euros, incluíndo un magnífico aperitivo no barco, mentres que para os máis pequenos o prezo será de 20 euros. O número máximo de pasaxeiros en cada viaxe será de 25 persoas. As persoas interesadas en adquiri-la súa entrada ou recibir máis información sobre as rutas poderán facelo a través da empresa Mariña Esmar ubicada no porto da Pobra .

    Redacción Barbanza