Os nenos son os grandes protagonistas do Maio da Cultura na Pobra

    POBRA> O departamento de Cultura da Pobra deseñou un completo programa para celebrar o mes das Letras. Boa parte das actividades están orientadas ós nenos, co obxectivo de fomentar a lectura e dinamizar a lingua entre os máis cativos. Haberá tamén numerosos espectáculos dirixidos a un público máis amplo. Este venres abrirá ó público a exposición de esculturas de Ché Tembra na casa da cultura Raquel Fernández Soler que supón a arranque das actividades do Maio Cultural. O once e doce de maio desenvolveranse sesións de contacontos e teatro dirixidas ós centos escolares mentres que o día catorce o Teatro Elma acollerá o undécimo encontro de corais polifónicas coa participación da de Melide, a coral Acordes de Bueu e a Coral Abrente da Pobra. A véspera do día das letras galegas terá lugar unha festa infantil no Cantón da Leña na que se realizarán actividades para que os nenos se acheguen á obra de Manuel María. O día 19 de maio volverá o teatro para escolares no Cine Elma cun espectáculo que mestura música, narración e obradoiros. E o día 21 tocaralle a quenda á maxia da man de Cayetano Lledó que presentará Sherlock Holmes. O trinta de maio a programación cultural chegará á súa fin cos concertos didácticos da banda de música da Pobra.