NOIA> Os actos darán comezo o próximo 4 de Marzo. Entre as principais novidades destaca un concerto de saetas e unha nova confraría coa imaxe de Xesús Resucitado, que procesará o Domingo de Pascua, o día 1 de Abril. O programa foi presentado polo párroco José Ortoño, que estivo acompañado polo alcalde, Santiago Freire; os concelleiros Marisol Villar e José Pérez, polos representantes das conrarías, así como pola autora do cartel anunciador das festas, Raquel Vieites. A nova imaxe de Xesús Resucitado bendecirase o 4 de Marzo. Este día inaugurase tamén a exposición de fotos e o sábado, véspera de Domingo de Ramos, celebrarase o concerto de saetas a partir das 20.30 horas en San Martín. Pola súa banda, o alcalde, destacou o especial significado destas festas este ano. Haberá, en total, 7 procesións e o cardeal arzobispo emérito de Sevilla, Carlos Amigo, fará de pregoeiro o Domingo de Pascua. Ao final do acto, Raquel Vieites, recibiu un cheque de 200 euros por gañar o concurso fotográfico para ilustrar o cartel destas festas. A gañadora dedicoulle o premio a súa nai falecida.
Inicio NOIA