A Garda Civil comisa en Muros máis de 200 quilos de marisco ilegal

MUROS> A Garda Civil comisa máis de 200 quilos de marisco en Muros. Os axentes, que realizaban  un servizo de vixilancia, sorprenderon a catro furtivos no areal da Virxe do Camiño.

O marisco comisado, na súa maioría berberecho, ameixa babosa e xapónica, moito del, de talla inferior á regulamentaria, tiña un peso duns 203 quilos. Os axentes observaron a catro persoas que realizaban labores de marisqueo no areal da Virxe do Camiño. Ó solicitarlle os pertinentes permisos de explotación para poder realizar esta actividade, viron que carecían deles, polo que procederon a realización das correspondentes actas de denuncia por supostas infraccións á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia, así como ó comiso da totalidade das capturas.

Todo o marisco incautado foi devolto á Confraría de Pescadores de Muros para a súa semente nas súas concesións.