BOIRO> A parroquia boirense de San Ramón de Bealo celebrou hoxe o seu gran día. A tradicional romaría, unha das máis antigas das que se celebran hoxe en día en Galicia. Aínda así, como todo a celebración estivo moi condicionada pola situación actual e a chegada da covid. Apenas houbo actividade festiva. O Concello prohibiu ós postos de restauración e as atraccións. Como tamén fixo co acampada na contorna da capela. Durante a noite e todo o día de hoxe, festivo local no municipio, a Policía Local intensificou a vixilancia nos arredores para garantir que estas restricións se cumpriran e evitar así as aglomeracións de xente. Si se celebraron durante todo o día, a cada hora, as tradicionais misas. Aínda que, iso si, con menos devotos que anos anteriores. Foron ó aire libre, nos arredores da capela, cumprindo coas medidas de distanciamento social establecidas polas autoridades sanitarias.
Inicio BARBANZA